Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profileg
Galegas

@Garua2015

Mulleres coñecidas e mulleres anónimas.

ID:4342809689

calendar_today01-12-2015 19:21:33

2,2K Tweets

3,0K Followers

75 Following

Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres traballadoras da embotelladora de Augas de Mondariz.
📷 Vida Gallega, 1910.
En 1877 a exportación anual calculábase xa nun millón de botellas. O éxito das augas embotelladas radicou, desde a chegada do Dr. Peinador, na meticulosidade e tecnificación do proceso produtivo.

Mulleres traballadoras da embotelladora de Augas de Mondariz. 📷 Vida Gallega, 1910. En 1877 a exportación anual calculábase xa nun millón de botellas. O éxito das augas embotelladas radicou, desde a chegada do Dr. Peinador, na meticulosidade e tecnificación do proceso produtivo.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres e nenas vendendo fresóns na Coruña.
📷 Arq. Blanco, c. 1910.
En horas roubadas á escola, estas nenas xa teñen enriba a responsabilidade de transportar sobre as súas cabezas a mercancía que deben ofrecer e vender na cidade. Alguén dirá delas:
'Xa gañan o pan que comen'.

Mulleres e nenas vendendo fresóns na Coruña. 📷 Arq. Blanco, c. 1910. En horas roubadas á escola, estas nenas xa teñen enriba a responsabilidade de transportar sobre as súas cabezas a mercancía que deben ofrecer e vender na cidade. Alguén dirá delas: 'Xa gañan o pan que comen'.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller mariscando no Morrazo.
📷 José Suárez, 1935.
Aproveitando as mareas e a ceifa do marisco, pasan horas co lombo dobrado sobre a area enchoupada para, coa axuda do sacho, apañar o croque, o longueirón, a navalla, a ameixa fina, a rubia, a babosa, a cadelucha, ou a chirla.

Muller mariscando no Morrazo. 📷 José Suárez, 1935. Aproveitando as mareas e a ceifa do marisco, pasan horas co lombo dobrado sobre a area enchoupada para, coa axuda do sacho, apañar o croque, o longueirón, a navalla, a ameixa fina, a rubia, a babosa, a cadelucha, ou a chirla.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller por unha corga.
📷 Raniero Fernández, 1956.
Nun país con tantas entidades de poboación e tantas parcelas, os camiños son numerosísimos e tamén as súas denominacións: Corredoira, carreiro, congostra, corgo, vieiro, currupa, atallo, verea, canella, sendeiro, camiño real...

Muller por unha corga. 📷 Raniero Fernández, 1956. Nun país con tantas entidades de poboación e tantas parcelas, os camiños son numerosísimos e tamén as súas denominacións: Corredoira, carreiro, congostra, corgo, vieiro, currupa, atallo, verea, canella, sendeiro, camiño real...
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres levando as andas da Virxe do Libramento.
📷 Arq. Pacheco, c. 1930.
O parto é nesta época un transo perigoso no que moitas mulleres perecen. Ás parturientes asísteas a parteira e só se recorre ao médico se xorde dificultade grave.
O rogo das ofrecidas: 'Unha hora curta'.

Mulleres levando as andas da Virxe do Libramento. 📷 Arq. Pacheco, c. 1930. O parto é nesta época un transo perigoso no que moitas mulleres perecen. Ás parturientes asísteas a parteira e só se recorre ao médico se xorde dificultade grave. O rogo das ofrecidas: 'Unha hora curta'.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres nun carro na feira de Betanzos.
📷 Ruth Matilda Anderson, 1926.
O carro do país é un carro de eixe móbil e roda maciza. Fano os propios labregos ou encárganllo ao carpinteiro espacializado, o fragueiro. É unha peza fundamental nas casas labregas.
✍️ X. Lorenzo, Xocas.

Mulleres nun carro na feira de Betanzos. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1926. O carro do país é un carro de eixe móbil e roda maciza. Fano os propios labregos ou encárganllo ao carpinteiro espacializado, o fragueiro. É unha peza fundamental nas casas labregas. ✍️ X. Lorenzo, Xocas.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller de Buño
📷 Manuel Ferrol, c. 1950
E non oculto a miña satisfacción ao dicir que a reportaxe da 'Emigración' e tamén a fotografía 'Muller de Buño' serviron de inspiración a Chano Piñeiro para realizar as películas 'Sempre Xonxa' e 'Mamasunción', respectivamente
✍️M. Ferrol

Muller de Buño 📷 Manuel Ferrol, c. 1950 E non oculto a miña satisfacción ao dicir que a reportaxe da 'Emigración' e tamén a fotografía 'Muller de Buño' serviron de inspiración a Chano Piñeiro para realizar as películas 'Sempre Xonxa' e 'Mamasunción', respectivamente ✍️M. Ferrol
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres na feira.
📷 Ferrer, 1905
A comezos do s. XX as mulleres usan saia longa con voo e por riba o mandil. Na parte superior visten a chambra, encima mantón de caxemira ou touca de punto. A cabeza vai cuberta cun pano atado de maneira distinta segundo a idade ou estado civil.

Mulleres na feira. 📷 Ferrer, 1905 A comezos do s. XX as mulleres usan saia longa con voo e por riba o mandil. Na parte superior visten a chambra, encima mantón de caxemira ou touca de punto. A cabeza vai cuberta cun pano atado de maneira distinta segundo a idade ou estado civil.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller bailando cunha regueifa.
📷 Caamaño, c. 1956
A regueifa era unha rosca ou bolo de pan das vodas galegas. Elaborado preferentemente con fariña de trigo e adobiado con ovos, azucre e fitas. Adoitaba repartirse despois do banquete entre os veciños non convidados ao casamento.

Muller bailando cunha regueifa. 📷 Caamaño, c. 1956 A regueifa era unha rosca ou bolo de pan das vodas galegas. Elaborado preferentemente con fariña de trigo e adobiado con ovos, azucre e fitas. Adoitaba repartirse despois do banquete entre os veciños non convidados ao casamento.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller ofrecida a Santa Marta de Ribarteme, As Neves.
📷 Bene, c. 1950
A romaría dos Mortos de Santa Marta de Ribarteme é coñecida pola procesión dos cadaleitos coas persoas vivas ofrecidas no seu interior. Outras fan a procesión enfundadas en mortallas, descalzas ou axeonlladas.

Muller ofrecida a Santa Marta de Ribarteme, As Neves. 📷 Bene, c. 1950 A romaría dos Mortos de Santa Marta de Ribarteme é coñecida pola procesión dos cadaleitos coas persoas vivas ofrecidas no seu interior. Outras fan a procesión enfundadas en mortallas, descalzas ou axeonlladas.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres no mercado do peixe en Vigo. (Actual A Pedra).
📷 Arq Llanos, c. 1900
Ata a chegada das prazas cubertas, as mulleres vendían os produtos ao aire libre.
A maior parte dos fermosos edificios destinados á venda de alimentos, hoxe desaparecidos, son de principios do s. XX.

Mulleres no mercado do peixe en Vigo. (Actual A Pedra). 📷 Arq Llanos, c. 1900 Ata a chegada das prazas cubertas, as mulleres vendían os produtos ao aire libre. A maior parte dos fermosos edificios destinados á venda de alimentos, hoxe desaparecidos, son de principios do s. XX.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller á porta da casa no Morrazo.
📷 José Suárez, 1935
Suárez da un tratamento especial ao mundo dos nenos, á paisaxe, ao habitat e destaca moi particularmente o papel da muller na sociedade galega. Esta foto pertence a serie 'Mariñeiros' feita en Bueu e Cangas.
✍️Suárez Canal

Muller á porta da casa no Morrazo. 📷 José Suárez, 1935 Suárez da un tratamento especial ao mundo dos nenos, á paisaxe, ao habitat e destaca moi particularmente o papel da muller na sociedade galega. Esta foto pertence a serie 'Mariñeiros' feita en Bueu e Cangas. ✍️Suárez Canal
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller bendecindo as augas do Eume
📷 Marqués de Santa María del Villar, c 1955
No Pozo do Xistral, onde nace o Eume, vivían unhas señoras encantadas que tiñan un can que cazaba as ovellas e as tiraba ao pozo, un burato escuro e sen fondo.
✍️A Reigosa. Resumo lenda Veiga do Roel

Muller bendecindo as augas do Eume 📷 Marqués de Santa María del Villar, c 1955 No Pozo do Xistral, onde nace o Eume, vivían unhas señoras encantadas que tiñan un can que cazaba as ovellas e as tiraba ao pozo, un burato escuro e sen fondo. ✍️A Reigosa. Resumo lenda Veiga do Roel
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres vendendo sancosmeiros, Noia
📷 R. Dimas, 1956
O sancosmeiro é un sombreiro tradicional pensado para protexer do sol e da chuvia nas labores agrarias, marisqueo... A súa forma permite utilizalo para levar cousas sobre a cabeza. Toma o nome de San Cosme de Antas, Mazaricos

Mulleres vendendo sancosmeiros, Noia 📷 R. Dimas, 1956 O sancosmeiro é un sombreiro tradicional pensado para protexer do sol e da chuvia nas labores agrarias, marisqueo... A súa forma permite utilizalo para levar cousas sobre a cabeza. Toma o nome de San Cosme de Antas, Mazaricos
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller vendendo 'lilos' na feira de Carballo a mediados do s. XX.
📷 Arquivo Asociación Fumeiro de Buño.
Os 'lilos' ou xoguetes son reproducións en miniatura dos cacharros que facían os oleiros. Os 'lilos' xunto cos chifres, buguinas e petos, facían as delicias da infancia.

Muller vendendo 'lilos' na feira de Carballo a mediados do s. XX. 📷 Arquivo Asociación Fumeiro de Buño. Os 'lilos' ou xoguetes son reproducións en miniatura dos cacharros que facían os oleiros. Os 'lilos' xunto cos chifres, buguinas e petos, facían as delicias da infancia.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres atendendo a taberna, Padrón
📷 R. M. Anderson, 1924
'As tabernas, das que hai polo menos unha en toda parroquia, ofrecen boa parte dos produtos que os veciños mercan. A beber e parolar, só van os homes. Das compras encárganse as mulleres ou mandan aos nenos'.
✍️M. Ferro

Mulleres atendendo a taberna, Padrón 📷 R. M. Anderson, 1924 'As tabernas, das que hai polo menos unha en toda parroquia, ofrecen boa parte dos produtos que os veciños mercan. A beber e parolar, só van os homes. Das compras encárganse as mulleres ou mandan aos nenos'. ✍️M. Ferro
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Emilia Docet na primeira plana do As, 1933.
Emilia Docet pertencía ao Grupo Galeguista de Vigo, e foi a única muller que interveu no Mitin das Arengas, na Quintana en Compostela, con motivo do Día de Galicia de 1934. Consumada deportista, foi proclamada Miss España en 1933.

Emilia Docet na primeira plana do As, 1933. Emilia Docet pertencía ao Grupo Galeguista de Vigo, e foi a única muller que interveu no Mitin das Arengas, na Quintana en Compostela, con motivo do Día de Galicia de 1934. Consumada deportista, foi proclamada Miss España en 1933.
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Muller na feira de Palas de Rei.
📷 Jean Dieuzaide, 1961.
Nos anos sesenta do s. XX hai en Galicia unhas 5.965 feiras. Ás semanais soen chamarlles mercados, e neles venden, sobre todo as mulleres, os excedentes maiormente verduras, froitas, queixos, ovos, etc.
✍️ Mariño Ferro

Muller na feira de Palas de Rei. 📷 Jean Dieuzaide, 1961. Nos anos sesenta do s. XX hai en Galicia unhas 5.965 feiras. Ás semanais soen chamarlles mercados, e neles venden, sobre todo as mulleres, os excedentes maiormente verduras, froitas, queixos, ovos, etc. ✍️ Mariño Ferro
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mulleres mallando millo en Oca, A Coruña.
📷 Ruth Matilda Anderson, 1924.
'A base da caixa está furada para que o gran caia ao chan polos buratos. Traballan por horas á vez, batendo nos grans das mazarocas con cadanseu pau de dúas polgadas lixeiramente curvado'. ✍️ Anderson

Mulleres mallando millo en Oca, A Coruña. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. 'A base da caixa está furada para que o gran caia ao chan polos buratos. Traballan por horas á vez, batendo nos grans das mazarocas con cadanseu pau de dúas polgadas lixeiramente curvado'. ✍️ Anderson
account_circle
Galegas(@Garua2015) 's Twitter Profile Photo

Mestra co alumnado.
📷 Autoría descoñecida, 1909.
'-Saberás que as mestras gañan moito menos que os mestres, só unha terceira parte do deles... Talvez poderías gañar máis coa costura, non ao principio, (...) En todo caso, estudar nunca está de máis, non cres?'.
✍️ Marilar Aleixandre

Mestra co alumnado. 📷 Autoría descoñecida, 1909. '-Saberás que as mestras gañan moito menos que os mestres, só unha terceira parte do deles... Talvez poderías gañar máis coa costura, non ao principio, (...) En todo caso, estudar nunca está de máis, non cres?'. ✍️ @MarilarAleix
account_circle